1373 Cincinnati
1373 Cincinnati (que tivo como primeiro nove provisional 1935 QN), é un asteroide do cinto principal, descuberto polo recoñecido astrónomo norteamericano Edwin Hubble no observatorio do monte Wilson o 30 de agosto de 1935, foi o único asteroide que descubriu.
É un asteroide de tipo-X, orbita a unha distancia media do Sol de 3,42 ua, aínda que se pode achegar ata 2,344 ua e arredar ata 4,497 ua. Ten unha inclinación orbital de 38,94° e unha excentricidade de 0,3147. Emprega en completar unha órbita arredor do Sol 2310 días.[1][2] Cincinnati é similar aos asteroides Cybele.[3]
No observatorio de Cincinnati realizáronse a maioría dos cálculos orbitais do asteroide polo que o Centro de Planetas Menores recomendou o nome desta cidade para o asteroide.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "JPL Small-Body Database Browser: 1373 Cincinnati (1935 QN)" (2015-07-11 last obs
- ↑ Spectral properties of asteroids in cometary orbits
- ↑ Dynamical evolution of the Cybele asteroids, V. Carruba, D. Nesvorny, M. E. Huaman, (2015)